O Obradoiro de Emprego de Monteporreiro II, promovido polo Concello de Pontevedra e subvencionado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo (situado en Monteporreiro, rúa Alemania s/n), conta con tres especialidades: Carpintería, Medio Ambiente e Dinamización Comercial (introducida por primeira vez nun obradoiro de emprego).
O seu obxectivo é que, durante os seus doce meses de funcionamento, o alumnado adquira a formación e destrezas profesionais necesarias para acceder ao mercado laboral coas garantías suficientes de atopar un posto de traballo, tanto por conta propia como por conta allea.
Para alcanzar esta meta, xunto coa formación teórico-práctica propia de cada especialidade, impártense outros coñecementos de carácter complementario pero de gran importancia, como son seguridade e saúde laboral, orientación laboral, iniciación á informática, educación compensatoria, sensibilización ambiental e igualdade de xénero.
O equipo de traballo está composto por un director, unha titora, tres expertos docentes e 29 alumnos – traballadores (17 mulleres e 12 homes, desempregados e maiores de 25 anos) do Concello de Pontevedra:
Director: José Luis Marchetto García
Titora: Sandra Ordóñez Fernández
Docente de Carpintería: Carlos Pereira Bernárdez
Docente de Medio Ambiente: Mónica María Seijo Orjales
Docente de Dinamización Comercial: Ana Isabel Bastos Boubeta
Desde o 30 de xuño de 2009 están a desenvolver unha serie de actividades nas seguintes unidades de actuación, que servirán para completar a súa formación profesional:
Recuperación do entorno do Balneario de Monteporreiro.
Acondicionamento de zona de xogos no Rocódromo.
Xardín Multisensorial no Colexio de Suances.
Dinamización Comercial no Mercado de Abastos.
Construción de Observatorios de aves nas Marismas de Alba.
Acondicionamento e mantemento de parques e xardíns en Monteporreiro.
ESPECIALIDADES DO OBRADOIRO DE EMPREGO
MEDIO AMBIENTE:
O obxectivo principal deste módulo é a formación de alumnos-traballadores para desenvolver actividades de xardinería, traballador forestal e viveirista.
Trátase dun módulo moi amplo que capacitará os seus integrantes para: realizar a preparación de terreos, implantación de elementos vexetais, labores de mantemento de xardíns, céspedes e plantas de interior, desenvolver e executar o proceso de reprodución e produción de distintas especies de plantas, e realizar de forma eficaz labores de desbroce e tratamentos selvícolas mediante o manexo de desbrozadora portátil e motoserra.
OBRA:
Acondicionamento da zona de xogos e da zona deportivo:
· Acondicionamento do entorno das zonas deportivas.
· Limpeza da zona.
· Plantación de céspede e plantas ornamentais.
Recuperación do entorno do balneario de Monteporreiro:
· Desbroce e limpeza da maleza.
· Mellora de accesos.
· Poda de árbores e arbustos ornamentais.
· Plantación.
Acondicionamento e mantemento dos parques e xardíns de Monteporreiro:
· Desbroce e limpeza da maleza.
· Mellora de accesos.
· Poda de árbores e arbustos ornamentais.
· Plantación.
Xardín multisensorial no colexio de Suances:
· Cultivo de plantas de tempada.
· Acondicionamento do terreo.
· Instalación do rego.
CARPINTERÍA:
O obxectivo principal deste módulo é a formación dos alumnos- traballadores para desenvolver actividades de carpintería de madeira.
Ó finalizar a súa formación estarán capacitados para: elaborar, montar e reparar portas e fiestras, realizar revestimentos de paredes e teitos, realzar escaleiras e mobiliario propio da carpintería a medida, no taller ou na obra, e desenvolver o proxecto de realización e o presuposto.
OBRAS:
Acondicionamento da zona de xogos e da zona deportiva:
· Creación de papeleiras, mesas, bancos e varandas.
Dinamización comercial do mercado de abastos e area de influencia:
· Realización de escaparate e un directorio.
· Elaboración de adornos.
Recuperación do entorno do balneario de Monteporreiro:
· Realización de bancos e mesas.
· Señalítica.
· Creación de papeleiras.
· Creación de varandas.
· Mobiliario para o manantial.
Acondicionamento e mantemento dos parques e xardíns de Monteporreiro.
· Realización de bancos e mesas.
· Señalítica.
· Creación de papeleiras.
· Creación de varandas.
· Construcción dunha caseta de información turística e dunha pérgola.
Observatorios de aves para as marismas de Alba:
· Realización dos observatorios de aves.
Xardín multisensorial no colexio de Suances:
· Realización de varandas.
· Realización de bancos.
DINAMIZACIÓN COMERCIAL
O OBXECTIVO.
O obxectivo principal deste modulo é a formación de persoas para desenvolver actividades comerciais no mercado de abastos e no entorno do casco vello da cidade de Pontevedra que favorezan o uso social e comercial da zona.
A figura do dinamizador/a comercial goza dun bo recoñecemento no mercado laboral. Asóciase,na esfera privada,á mediación entre as políticas comerciais e marketing da empresa e os establecementos de venda e, no caso de centros comerciais urbanos a un animador a pé de rúa.
OBRA
Dinamización comercial do Mercado Municipal de Pontevedra e da súa área de influencia
Ø Estudo do entramado comercial do casco histórico.
Ø Plan de comunicación e divulgación.
Ø Elaboración de adornos.
Ø Escaparate e un directorio.
Ø Redeseño dos postos de venda.
Ø Instalación de caixa de suxestións.
Ø Promocións dos productos das seccións do mercado e de viños no casco vello.
MERCADO MUNICIPAL DE PONTEVEDRA O Mercado Municipal de Pontevedra é un edificio situado na Zona Monumental ao lado do río Lérez, sito na avenida de Bos Aires.
Ten a súa orixe orixe a finais do século XIX, e empezou denominándose “Praza do Peixe” (nome que se atribuíu tamén ao barrio anexo), pasando a constituír punto de encontro de vendedores e compradores que viñan a Pontevedra desde distintos lugares (Cantoarea, Poio, Sanxenxo…).
En 1933 o Concello, consciente da falta de espazo na praza, decidiu construír un novo mercado pero o edificio non se puido levantar ata pasada a Guerra Civil (1948).
Durante medio século desenvolveuse a actividade nesa instalación, pero co paso do tempo xurdiu a necesidade dunha remodelación, obra que se encargou ao arquitecto César Portela en 1999 e que tivo finalizada en 2003.
Coa finalidade de ampliar e diversificar a oferta de negocio existente, leváronse a cabo importantes actuacións arquitectónicas, que transformaron o mercado nun moderno e completo centro comercial.
O mercado municipal constitúe, hoxe en día, un piar básico do casco histórico de Pontevedra, xa que promove a actividade comercial na zona. O seu atractivo recae na oferta de produtos de altísima calidade, procedentes do mar e da horta principalmente.
O Módulo de Dinamización Comercial organiza unha exposición sobre Uxío Novoneyra, na planta alta do Mercado de Abastos de Pontevedra, do 10 ao 18 de maio.